HomeCulturaII Concurso fotográfico de Nadal, Segredos de Pantón

II Concurso fotográfico de Nadal, Segredos de Pantón

Segredos de Pantón convoca o seu II Concurso Fotográfico de Nadal. Está aberto o prazo de envío das imaxes ata o 31 de decembro. O día 6 de xaneiro ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.

Publicado o

- Advertisement -

As persoas interesadas en participar no concurso deben enviar as súas  imaxes antes do 31 de decembro ao correo electrónico segredosdepanton@gmail.com, por teléfono (Whatsapp) no 662 669 223 ou a través das diferentes redes sociais do colectivo. Facebook: Segredos de Pantón, Twitter: @OsSegredosdoVal ou Instagram: @segredos_de_panton.

A fotografía debe corresponder a unha paisaxe outonal ou invernal do concello de Pantón e debe de incluir un nome, lugar e parroquia onde foi tomada a fotografía. As imaxes vencedoras publicaranse o 6 de xaneiro.

Establécense 3 premios:

1º Premio: Cesta con chacina de “Cachenas de Pantón”, 2 packs de “Finca Míllara”, lote da panadería “Chimpa”, menú degustación para 2 persoas na Reitoral de Castillón, 1 pixama “Rosal Moda” e un lote da panadería “Tarrazo”.

2º Premio: Cesta con 1 pack de “Finca Míllara”, lote “ O Fogar dos soños”, paseo en zodiac para 2 persoas con “Turismo de Pantón”, 1 botella de viño “Vertixe”, 1 botella “AlmaLola” e 1 carteira da “Asesoría O Castro”.

3º Premio: Cesta con 1 pack “Finca Míllara, lote de produtos “Casa da Fonte”, libro “Galicia, nosa ledicia” de “Estudio Gnomo”, lote “Tuta Fruta” e 1 botella “Vertixe”.

ÚLTIMAS

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...