HomeCulturaPresentación literaria na Galería Sargadelos de Monforte

Presentación literaria na Galería Sargadelos de Monforte

A Editorial Galaxia presenta "O meu pecado mortal. O voto feminino e máis eu", de Clara Campoamor, o 20 de decembro ás 20:15 h.

Publicado o

- Advertisement -

Trátase da primeira edición en galego da obra “Mi pecado mortal. El voto femenino y yo”, libro que escribiu Clara Campoamor no ano 1936 narrando a súa loita pola igualdade defendendo o dereito a decidir da muller.

A presentación correrá a cargo da editora e redactora do prólogo, Celia Pereira Porto, que contará tamén coa intervención de Xosé Rodríguez Díaz.

Clara Campoamor naceu en Madrid en 1888 e finou en Suiza en 1972. Foi unha importante política española que levou o feminismo por bandeira durante toda a súa vida. Pasou á historia por defender, con moitos atrancos (incluso os do seu propio partido), o sufraxio universal, algo que, en realidade, significaba a defensa do voto feminino. Logo dun traballo brutal dentro e fóra das Cortes, conseguiuse, grazas á súa iniciativa, o 1 de outubro de 1931. Neste libro que agora tedes nas mans explícase, en boa medida, aquela epopea, aquela loita de xustiza.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...