HomeCulturaCine, teatro, festas infantís e conciencia social na programación do Nadal

Cine, teatro, festas infantís e conciencia social na programación do Nadal

No Concello de Sober presentarase esta tarde a curta, Hector4, realizada polos rapaces do concello; e mañá celebran baile infantil. Mentres, en Bóveda a cita será co teatro e Albores Saúde Mental leva, un ano máis, a árbore de Nadal á casa consistorial de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -
O Centro Sociocultural de Sober acolle este venres, 27 de decembro, a partir das 19.00 h., a presentación da curtametraxe feita polos rapaces e rapazas do Concello no taller audiovisual “Un Universo de Cine no teu Concello”.
A ducia de rapaces participantes no taller tiveron a posibilidade de realizar todas as tarefas de produción dunha curtametraxe, desde a idea orixinal e o guión, pasando polas localizacións, a grabación e a montaxe. Ademais de facer eles mesmos de actores e actrices. O resultado do traballo é a curta de 7 minutos, Héctor4
E o Concello de Sober celebra mañá unha Festa Infantil de Nadal para todos os que queiran achegarse. Haberá inchables, música, obradoiros e talleres de actividades para que os nenos e nenas gocen dunha tarde de lecer mentres esperan a chegada dos Reis Magos. ‘Soberlandia’ permanecerá aberto mañá sábado, de doce a dúas e de catro a oito da tarde, no pavillón do CEIP Virxe do Carme de Sober. A entrada é de balde.
En Bóveda a cita de mañá é co teatro, Lucecús Teatro estrea o espectáculo infantil ‘Os libros contraatacan’. A cita será no Centro Sociocultural ás 17:30 horas.

Un ano máis quixemos levar a nosa árbore de Nadal ao Concello de Monforte de Lemos para compartir coa veciñanza os nosos mellores desexos.

dav

E a asociación monfortina, Albores Saúde Mental, colabora, un ano máis, na celebración do Nadal na cidade do Cabe coa árbore de Nadal do Concello. A árbore que se pode ver á entrada da casa consistorial recolle este ano a seguinte mensaxe: “O Nadal vívese en compaña, cántase en conxunto e celébrase en comunidade. Brindemos pola inclusión. Bo Nadal e feliz 2020!”.

Con isto, Albores quere lembrar que nestes días de marcado tinte familiar, moita xente está soa. “É algo habitual no colectivo co que traballamos nós, máis non é o único, polo que queremos lembrarnos tamén dos demáis: as persoas maiores, as inmigrantes e refuxiadas, as persoas sen fogar… Vai o noso desexo para elas e para construir entre todas e todos unha sociedade que se responsabilice de todos os seus membros e que non os ille nin nesta época do ano nin en calquera outra”.

ÚLTIMAS

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...