HomeCulturaSolidariedade de cine na Pobra do Brollón

Solidariedade de cine na Pobra do Brollón

Este domingo, 29 de decembro, a casa da cultura da Pobra do Brollón acolle a proxección da película de Oliver Laxe, O que arde.

Publicado o

- Advertisement -

Haberá dúas sesións, ás 18:00 e ás 20:00. A entrada para ver a película é solidaria: pídese un donativo dun quilo de alimentos que serán destinados a colectivos desfavorecidos do concello. Os alimentos a doar pódense entregar, con antelación, na Casa da Cultura ou no momento da proxección.

“O que arde é un filme galego con repercusión internacional e cunha temática moi acaída para a nosa realidade, o do colapso do noso rural. Para nós proxectar o filme de Oliver Laxe é un compromiso coa nosa cultura, máis tamén con crear igualdade de oportunidades de acceso á cultura para os nosos veciños e veciñas,” comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

Instalarase unha pantalla grande con proxector de calidade cinematográfica e sistema de audio no lugar da proxección para buscar a máxima calidade posible de imaxe e son e unha experiencia de auténtico cine.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...