HomeCulturaBóveda na noite

Bóveda na noite

A casa da cultura do Concello de Bóveda acolle ata o 4 de febreiro a exposición de fotografía ‘Bóveda na noite’ de José Camilo López Pérez.

Publicado o

- Advertisement -

‘Bóveda na noite’ amosa unha colección de fotos nocturnas realizadas no Concello utilizando emprazamentos da localidade baixo un fondo de ceos estrelados ou coa Vía Láctea de fondo.

As imaxes foron sacadas coa técnica de largas exposición, na maioría dos casos 30 segundos, “o que permite que a cámara ao captar máis luz, recolla moitos máis detalles que os que pode captar o ollo humano”, tal e como explica o autor, José Camilo López.

Todas as fotografías levan un código QR para que os visitantes poidan localizar as fotos desde o móbil en Google Maps.

José Camilo López é un gran afeccionado á fotografía que xa ten realizado máis exposicións, entre elas, en Bóveda, no Espazo Xove de Chantada ou en Monforte.

O alcalde, José Manuel Arias, convida aos veciños e veciñas a visitar esta mostra do seu concello.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...