InicioCulturaLiberdade ante as ditaduras no Círculo Saviñao

Liberdade ante as ditaduras no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao, afonda, durante a actividade que vén de desenvolver, no secuestro do trasatlántico portugués, Santa María, por un comando do Directorio Ibérico de Liberación, fai 59 anos.

Publicado o

- Advertisement -

Paco Macías, fundador e director de Edicións Positivas, impartiu unha conferencia no Círculo Saviñao sobre o secuestro do trasatlántico portugués, Santa María, no que viaxaban  612 pasajeros e 350 tripulantes en viaxe desde La Guaira (Venezuela) e Curazao a Port Everglades, Santa Cruz de Tenerife e Lisboa.

O secuestro deste barco por un comando do Directorio Ibérico de Liberación, formado maioritariamente por exiliados e emigrados en Venezuela, encabezado por Xosé Velo Mosquera, o militar español José Fernández Vázquez “comandante Sotomayor” e o militar portugués Henrique da Malta Galvão, ocorría fai 59 anos.

Macías baseou a súa intervención na obra editada por Positivas, do escritor Xavier Montnayá, “Piratas da Liberdade”. Nesa acción participara directamente un veciño de Escairón, Basilio Losada, e un monfortino, Alfredo Yllanes Ferro. Macías quere que o próximo ano se conmemore o 60 aniversario con información ata agora descoñecida desa acción contra Oliveira Salazar e Franco e da importancia internacional que tivo naquela época como denuncia das ditaduras da península. 

Conferencia Paco Macías / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...