HomeCultura2.700 euros en premios no martes de entroido do Saviñao

2.700 euros en premios no martes de entroido do Saviñao

O Concello do Saviñao repartirá o martes de Entroido 2.700 euros en premios, un 26% máis que no 2019. O primeiro premio chega este ano aos 350 euros, os participantes pasan de 60 a 80, e de 100 a 120 euros.

Publicado o

- Advertisement -

Programación de entroido do Saviñao:

– 13 de febreiro: Día de Compadres. Ás 17:00 horas, haberá xogos populares e, ás 19:00 horas, queima de compadres. Ambas as dúas actividades desenvolveranse na carpa instalada polo Concello na Praza de España.

– 14 de febreiro: Obradoiro de San Valentín e entrega de premios certame de poesía Infantil de Nadal. Serán ás 18:00 horas, na biblioteca de Escairón.

– 20 de febreiro: Día de Comadres. Ás 17:00 horas, xogos populares é, ás 19:00 horas, queima das comadres. Tanto os xogos como a queima levaranse a cabo na carpa da Praza de España.

– 21 de febreiro: Festa de Disfraces en Currelos. Dará comezo ás 16:00 horas e contará con merenda, xogos e cotillón. O lugar habilitado  para a celebración será o centro cultural deste lugar.

– 23 de febreiro: Gran Festa do Entroido. Iniciarase ás 17:00 horas, no pavillón de Escairón. Haberá desfile, phococall, inchables, tallar de malabares e actuación de maixa, carriño de canciños e palomiñas e chocolate con churros.

– 25 de febreiro: Martes de Entroido. As actividades programadas comezarán ás 15.30 horas, na Praza de España. Dende esa hora haberá pasarrúas a cargo da charanga Ardores para continuar ás 17:00 co desfile de comparsas. Ás  19:00 horas será a quenda da actuación do grupo Limón, que estará acompañada de dunha pancetada e chocolate con churros. Finalmente, a entrega de premios será ás 20:30 horas. Os interesados en participar no desfile poden formalizar a súa inscripción ata o 24 deste mes, ás 14:00 horas, chamando ao 982.45.20.61.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...