InicioCulturaO museo etnográfico de Quiroga amplía a súa exposición con imprenta

O museo etnográfico de Quiroga amplía a súa exposición con imprenta

O Museo Etnográfico de Quiroga ven de ampliar o seu contido cunha nova sala onde se expón todo o material da imprenta de “Almacenes el Derroche” de Quiroga. Na sala que xa está aberta ao público pódense contemplar as dúas máquinas de imprenta que houbo no municipio a principios do século XX propiedade da familia de Eugenio Bobillo.

Publicado o

- Advertisement -

Grazas ao depósito dos herdeiros de Eugenio Bobillo, o público pode contemplar todo o material que era preciso para poder traballar neste obradoiro situado na Casa Derroche, do que saíron a práctica totalidade dos impresos da comarca, dende necrolóxicas, programas de cine ou de festas, recordatorios de primeira comuñón ou invitacións de voda.

Incluso están os mobles de caixóns nos que se gardaban os diferentes moldes de letras e debuxos que se utilizaron nas impresións. Numerosos e diminutos caracteres que se unirían formando palabras na regra de composición, que despois tras sen cuberta sutilmente de tinta, se imprimiría no papel.

A máis antiga da máquinas é do século XIX, que sería substituída por outra máis moderna de principios do século XX neste emblemático establecemento que foi fundado no ano 1.900 por Ignacio Rodríguez Cid, fotógrafo e colaborador do diario La Región de Ourense. Co seu fillo adoptivo Nilo Bobillo o establecemento trasládase ao seu emprazamento actual, ata que en 1995 pecha por xubilación o seu bisneto e tataraneto do fundador Eugenio Bobillo, que legou un impresionante arquivo gráfico de boa parte do século XX quirogués.

Teas, roupa, calzado e papelería foron os artigos que se podían adquirir no Derroche, que tivo ademais a primeira funeraria, o primeiro estanco e a primeira e única imprenta de Quiroga que agora xa se pode ver no Museo Etnográfico. Pero esta non é a única das pezas que se pode ver no museo cedida por esta familia, xa que outra curiosa peza, unha pianola, está exposta na sala de catas do museo.

Museo Etnogáfico / Concello de Quiroga

Este museo creouse con nove salas: a lareira, que representa varias dependencias dunha vivenda; a fragua, que recrea as ferrerías; o pendello, que recolle un bo número de apeiros de labranza; o aceite, cunha recreación dun muíño; a adega, na que está presente o mundo do viño. A serra, o tear, a lousa e as castañas tamén forman parte deste museo. Máis tarde acolleu parte das maquetas das casas de pedra elaboradas para a película galega de animación “O Apóstolo”.

Recentemente ampliouse a parte dedicada ao mel coa réplica de parte dunha alvariza e abriuse a sala dedicada  á escola. Agora amplíase esta exposición con esta sala dedicada á imprenta. Pero aínda queda un bo número de pezas que non poden mostrarse ao público por falta de espazo, polo que o Concello de Quiroga traballa na ampliación deste Museo, como tamén está a realizar no Museo Xeolóxico.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...