HomeCulturaTriacastela organiza unha xornada arredor do Camiño de Santiago

Triacastela organiza unha xornada arredor do Camiño de Santiago

O Concello de Triacastela acolle hoxe a xornada 'Camiños de Identidade', un proxecto enmarcado no Xacobeo 2021.

Publicado o

Na mañá do 29 de febreiro haberá unha ruta de sendeirismo guiada que transcorrerá entre San Mamede e Ramil con saída dende a Praza do Concello de Triacastela ás 11:00 h. A camiñada espertou o interese de preto de corenta persoas que se anotaron xa previamente.
Despois haberá un xantar ás 14:00 nun restaurante da localidade e xa pola tarde a presentación do proxecto e a proxección dun vídeo promocional do Concello. O proxecto leva por título: O castiñeiro e a súa relación cos produtos agrarios en clave turística. Na Fonte do Lunar ás 17:00 horas.
Cartel do evento

ÚLTIMAS

“No tempo da Galega sácanme moito”, Antonio Cortiñas, fotógrafo

Antonio Cortiñas é orixinario de Leizán, no Incio, e a vida profesional levouno dende...

A Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Na xuntanza estiveron presentes, ademais dos representantes da asociación promotora, o delegado territorial da...

A Xunta entrega en Monforte 3 vivendas de promoción pública en réxime de alugamento

Estas vivendas forman parte dun paquete de seis vivendas que o Instituto Galego da...

A incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, restableceuse...