HomeCulturaA Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese...

A Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Representantes da asociación Meigas e Trasgos de Sarria reúnense con representantes da Xunta de Galicia para facer seguimento do estado de tramitación do expediente presentado pola entidade co fin de que a Noite Meiga sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xuntanza estiveron presentes, ademais dos representantes da asociación promotora, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, a xefa da área de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López.

O encontro de traballo serviu para coñecer como avanza a solicitude para obter este recoñecemento que outorga a Xunta a aquelas manifestacións festivas que acrediten determinados requisitos de antigüidade, singularidade, arraigamento, valor cultural, atracción de correntes turísticas e continuidade no tempo, xunto con outros criterios.

Durante a reunión púxose de manifesto a relevancia da Noite Meiga para Sarria, tanto no ámbito cultural como económico. O colectivo organizador salientou que ao longo de máis de 50 anos de historia, esta festa consolidouse como un dos eventos do verán máis recoñecidos da provincia, con moito arraigo entre a poboación local e unha crecente afluencia de visitantes.

O encontro serviu tamén para avaliar vías de colaboración da Xunta de cara á edición deste ano, que se volverá celebrar na última fin de semana de agosto.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...