HomesociedadeA Xunta entrega en Monforte 3 vivendas de promoción pública en réxime...

A Xunta entrega en Monforte 3 vivendas de promoción pública en réxime de alugamento

A Xunta de Galicia vén de formalizar a entrega en réxime de alugueiro de tres vivendas de promoción pública situadas nos números 71 e 73 da rúa Benito Vicetto de Monforte de Lemos; contan con 82 metros cadrados de superficie, tres dormitorios, garaxe e trasteiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas vivendas forman parte dun paquete de seis vivendas que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) comprou no municipio en decembro do 2024, cinco nesta rúa e a sexta na rúa Ourense. Todas foran construídas polo propio IGVS e adxudicadas en réxime de compravenda; pasado o tempo, os adxudicatarios manifestaron o seu interese en vendelas e adquiriunas o Instituto aos prezos marcados pola normativa.

A Xunta aplicou esta medida para recuperar para o parque público un total de 41 pisos na provincia de Lugo e 80 no conxunto de Galicia, cun investimento global de 5.253.531 euros.

As persoas interesadas en optar a estas adxudicacións deben inscribirse no Rexistro de Demandantes de Vivendas de Galicia, preferiblemente por vía electrónica, aínda que tamén se admiten solicitudes presencialmente nos rexistros oficiais.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...