HomeCulturaÉxito da aula de verán do Saviñao e en Sober cita coa...

Éxito da aula de verán do Saviñao e en Sober cita coa música

Un total de 22 nenos, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, están a participar na aula de verán do Saviñao que se prolongará ata o 31 de agosto. Mentres o concello de Sober retoma a actividade cultura co concerto de Xoán Eiriz este sábado ás 20.30 na casa da cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana deu comezo a Aula de Verán que organiza o Concello do Saviñao e fíxoo con éxito de participación. Un total de 22 rapaces, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos están a participar nesta actividade que se prolongará ata o 31 de agosto.

“Estamos moi satisfeitos de cómo está a resultar esta iniciativa. Supón un punto de encontro e de lecer para os nenos pero tamén axudamos ás familias a xestionar o seu día a día durante estas semanas nas que resulta máis complicada a conciliación por motivos laborais debido a que os rapaces non teñen escola”, apunta a edil de cultura, Beatriz Rois. 

Os rapaces están repartidos en tres grupos dun máximo de oito e unha monitora por cada un. Distribúense no pavillón municipal, no edificio da ludoteca e na aula de infantil do colexio. A Aula de Verán estase a desenvolver en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e de luns a venres. 

Sober retoma a actividade cultural cun concerto de Xoán Eiriz

O Concello de Sober retoma a actividade cultural cancelada durante o estado de alarma cun concerto de Xoán Eiriz de entrada libre. A actuación será o sábado 18 de xullo ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Sober.

O compositor cantará as dez cancións que compoñen o seu disco ‘Poemas de amor en outono’, o número 14 da súa discografía, e fará un pequeno percorrido polas cancións máis significativas da súa traxectoria musical.

O Concello de Sober garantirá que se respecten todas as normas relativas á covid-19, así como as distancias de seguridade  e outras medidas para que todo se desenvolva con normalidade e sen riscos para os asistentes.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...