HomeCulturaCancelado o desfile do Folión de Carros

Cancelado o desfile do Folión de Carros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Cultural Amigos do Folión de Carros de Chantada, despois de reunirse en asemblea os socios/as, carroceiros/as e representantes do Concello, comunica a CANCELACIÓN DO DESFILE DO FOLIÓN DE CARROS 2020, previsto para o sábado, 22 de agosto.

Dada a evolución da situación de alerta sanitaria, a Asociación asegura que toma a decisión desde a responsabilidade, seguindo as recomendacións da administración sanitaria, coa finalidade de non pór en risco a saúde dos participantes, veciños/as e visitantes.

Co fin de preservar o espírito do Folión, a Asociación anuncia que traballará na realización, sempre que sexa posible, de pequenas actividades que, en ningún caso, leven aglomeración de xente e baixo o estrito cumprimento dos protocolos de prevención COVID-19.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...