HomeCulturaO 17º Festival "reforza" a imaxe da Ribeira Sacra como "espazo seguro"

O 17º Festival “reforza” a imaxe da Ribeira Sacra como “espazo seguro”

O ciclo de concertos foi celebrado grazas á labor de 70 profesionais encargados de manter as medidas de hixiene.

Publicado o

- Advertisement -

Nos mesmos días en que as restriccións pola covid 19 obrigaban a cancelar o Festival Noroesta, nas antípodas do territorio galego chegaba á súa fin o 17° Ribeira Sacra Festival. Agora, pechado o ciclo de concertos deste ano atípico, a organización do certame destaca o “heroico” dunha edición na que o control sanitario tivo que ser “escrupuloso” para garantir a continuidade da cita.

O festival, que vai xa polo cuarto ano consecutivo, debúxase como unha proposta cultural “diferente” na que, segundo os seus organizadores, “trascéndese o musical tendendo pontes entre paisaxe, viño e patrimonio brindando aos seus asistentes o mellor de cada recuncho da Ribeira Sacra”.

Por esta mesma razón, consideran que o “enorme impacto” do certame no territorio do Estado conseguir “reforzar o turismo rural e a imaxe da Ribeira Sacra como espazo seguro”, así como a candidatura da rexión ó galardón de Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2021.

Detrás unha inxente labor sanitaria, o festival apunta á contratación de “máis de 70 profesionais” que se ocuparon de garantir un “escrupuloso protocolo de seguridade” en “todas as áreas do festival”. Graza a este contexto puideron pasar unhas 350 persoas ao longo de tres días nas que pasaron polos escenarios artistas como Xoel López, Ele, Guadi Galego, María Yfeu como parte dun coidado cartel conformado por máis de 8 actuacións de artistas galegos con percorrido nacional, pero tamén internacionais, como Cassete Pirata.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...