HomeCulturaComeza o XV Festival Internacional de Maxia de Sarria

Comeza o XV Festival Internacional de Maxia de Sarria

Do 20 ao 23 de agosto a vila acollerá a magos da talla de Jorge Blas, Diana Díaz e Raúl Camaguey, entre outros. O Mago Iago, talento monfortino de 6 anos, tamén estará no cartel deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“O festival faise un pouco para recuperar os sorrisos nun ano moi duro para todo o mundo”, así se sincera Roberto Lolo, o sarriano que fai posible dende hai anos que este Festival de Maxia Internacional saia adiante.

“Este ano apurouse un pouco a organización pois houbo que esperar polos permisos das autoridades sanitarias. Será unha edición atípica porque haberá menos eventos e en todos se deberán respectar as medidas sanitarias que todos e todas coñecemos: aforo limitado, distancia social, máscara e desinfección con xel hidroalcólico”, comenta tamén Lolo.

En canto aos artistas que participan este ano, destacar por exemplo que o Mago Iago de Monforte, que o pasado ano actuara por sorpresa na gala final, este ano forma parte xa do cartel; a presenza do famoso Jorge Blas e outros magos e magas como Christian Engblom que chega directamente de Finlandia, Dani Daortiz, Miguel Ángel Egea, Diana Díaz ou Jessica Guloomal. En total participarán 18 artistas, entre eles, Roberto Lolo, organizador e coordinador do evento.

O Concello de Sarria colabora como sempre, pero este ano non haberá patrocinios de comercios locais polas dificultades da situación actual, sobre todo na parte económica. Nesta edición, por primeira vez segundo nos comenta Roberto Lolo, contarase coa participación da Xunta de Galicia

Os eventos centraranse este ano na Praza da Vila, O Meigallo e a Casa da Cultura. A gala inaugural será este xoves 20 de agosto ás 22:30 h. e realizarase na Praza da Vila coa presenza estelar de Jorge Blas, que estará acompañado de Dani Polo, Jessica Goloomal e Raúl Camaguey. Se a climatoloxía non permite as actuacións neste espazo estas trasladaranse ao local social e cultural La Unión.

Programa completo do XV Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

O cartel deste ano 2020

GALAS

Xoves 20

17:00 h. Maxia na Residencia de Maiores.

19:30 h. Gala Infantil no Meigallo.

22:30 h. Gala Inaugural na Praza da Vila.

Venres 21

12:00 h. Conferencia para magos no Meigallo.

17:00 h. Maxia no CAPD.

20:00 h. Gala Infantil na Praza da Vila. “Todo polo sorriso dun neno/a”.

22:30 h. Gala Meigallo “Maxia no Camiño”.

Sábado 22

12:00 h. Conferencia para magos no Meigallo.

17:00 h. Gala Infantil na Praza da Vila.

19:00 e 20:20 h. Gala Maxia de preto na Casa da Cultura.

22:30 h. Gala de hipnose no Meigallo.

Domingo 23

18:00 h. Gala Infantil no Meigallo.

22:30 h. Gran Gala Final na Praza da Vila.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o 15 de marzo os Cantos de Taberna

O Concello de Quiroga ten aberto o prazo para participar neste festival de música...

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta...

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...