HomeCulturaAs actividades culturais previstas para o mes de agosto en Monforte enchen...

As actividades culturais previstas para o mes de agosto en Monforte enchen as axendas dos veciños

A ampla e variada programación cultural, lúdica e festiva organizada polo Concello de Monforte de Lemos ten unha duración superior a dous meses

Publicado o

- Advertisement -

Dende o goberno municipal organizaron para o verán do 2018 un ampla variedade de programación cultural e lúdica. Dende o consistorio teñen como obxectivo ofrecer actividades de toda índole para satisfacer o máximo público posible. Por outra banda, ao tratarse dos meses que máis visitantes rexistra a cidade, a oferta ten que ser máis ampla do convencional. Dentro da programación están incluídos tanto artistas monfortinos como doutras partes do país.

  • Paseos en barca polo río Cabe. Esta actividade está dispoñible ata o mes de setembro no Parque dos Condes. O 15 de agosto celebraranse as Barcas Engalanadas e Iluminidas, recuperando unha tradición de mediados do século XX.
  • V Fancine de Lemos. Organizado por Anamita Films, a quinta edición do festival de cine monfortino, celebrarase do 26 ó 29 de xullo.
  • Festival 17º Ribeira Sacra. Esta segunda edición, organizada por I-Radia, é a oportunidade perfecta para gozar dos concertos organizados en paraxes inigualables como son os Canóns do Sil, miradoiros, bodegas e igrexas.
  • XX Mostra ArteLemos. Actividade organizada polo Concello de Monforte durante a semana do 3 ó 8 de agosto na Rúa Cardenal.
  • Exposición Somos Lugo 110%. Mostra organizada polo xornal El Progreso diante das Casitas da Compañía entre os días 2 e 8 de agosto.
  • Exposición de carteis do XXII Concurso de Deseño de Carteis Festas Patronais 2018. Entre os días 9 e 28 de agosto, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Monforte, o Concello ten organizada unha mostra das obras creadas para anunciar as festas patronais.
  • Actuación de Varela. Concerto organizado polo concello o mércores 8 de agosto na Praza de España, ás 22:30 horas onde os asistentes poderán gozar do concerto do dúo musical e o “Escobar” monfortino.
  • Gala de maxia, cultura no camiño 2018. O xoves 9 de agosto os visitantes poderán gozar dun espectáculo de maxia a cargo do mago Lamas na Praza de España ás 22:30 horas. Este evento é organizado polo Concello xunto con Agadic.
  • Concerto do Coro Encaixe. Actuación prevista para o día 10 de agosto na Praza de España ás 22:30 horas organizado polo concello e Agadic.
  • Noite temática de Verán. O sábado 11 de agosto, os locais asociados ó CCU, ofrecerán grandes descontos dende as 21:00 horas ata a 1:30 da madrugada.
  • Festas patronais. Dende o día 11 ata o 16 de agosto, o goberno muncipal celebrará as festas grandes da cidade con concertos, fogos de artificios e un sinfín de actividades infantís organizadas ó longo da semana.
  • Concerto do grupo monfortino The Poet´s Silence. Actuación dos artistas o sábado 18 agosto dos locais ás 22:30 horas na Praza de España.
  • Feira de oportunidades de verán do CCU. Os comercios asociados ofrecerán os seus produtos con grandes descontos na Praza de Abastos durante os días 18 e 19 de agosto.
  • Concerto de Xograres de Lemos. Actuación organizada polo Concello para o domingo 19 de agosto ás 22:30 horas na Praza de España. Ese mesmo día, tamén se vai celebrar a Festa da Empanada na Área Recreativa de Ribasaltas e organizada polos veciños da zona.
  • VI Obradoiro de Verán de Música e Baile Concello de Monforte. A actividade celebrarase no edificio multiusos da cidade dende o 20 ó 24 de agosto.
  • Actuación de Cantigas e Agarimos o día 21 de agosto na Praza de España ás 22:30 horas.
  • XXI feira do libro. Dende o 22 ó 25 de agosto, os amantes da lectura teñen unha cita na Rúa Cardenal. O evento organizado polo Concello, é un momento único para coñecer as últimas tendencias culturais.
  • Feira de agricultura Ecolóxica-Ágora Verde. Mostra organizada polo Concello e o Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia na Praza das Casitas da Compañía durante os días 24, 25 e 26 de agosto.
  • Concerto da banda de música de Lugo, musiqueando pola provincia de Lugo. O sábado 25 de agosto, ás 22:30 na Praza de España, os amantes da percusión teñen unha cita ineludible.
  • Concerto de Roi Casal -Son galego, son cubano. Actuación programada para o venres 31 de agosto ás 22:30 horas na Praza da Compañía. Este concerto, como xa informou o XdL , está enmancardo nas actividades programadas no Festival de Habaneras.

 

ÚLTIMAS

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición "Coreografías...