Homesociedade60.000€ e un mes de prazo de execución para a renovación dos...

60.000€ e un mes de prazo de execución para a renovación dos paseos do Parque Doutor López Suárez en Monforte

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a proposta da empresa Calfensa Proyectos SL, que executará os traballos por un importe de 60.353,11€ e un prazo de execución dun mes dende a sinatura da acta de replanteo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Parque Doctor López Suárez está situado na rúa do mesmo nome, no entorno do Cuartel da Garda Civil. O contrato recolle as actuacións de mellora de todos os paseos desta zona verde no barrio do Morín, que dispón dun parque de xogos infantil, un circuíto biosaudábel con aparellos de ximnasia para persoas de todas as idades e unha pista cuberta para a práctica deportiva.

O proxecto consiste na rexeneración do firme dos paseos do parque. Contémplase, para elo, a pavimentación co mesmo formigón semipulido en cor terra, semellante ao que se puxo no Parque da Gardería ou no paseo da Ponte Nova. O alcalde, José Tomé Roca, indica que o estado actual dos paseos do Parque Doctor López Suárez é deficiente nalgunhas zonas, “polo que faise precisa unha actuación que, sen dúbida, mellorará o aspecto deste recinto e fará moito máis cómodo e agradable o uso de este espazo de lecer por parte dos veciños e veciñas da zona, así como das persoas que acoden as instalacións que complementan este parque”.

Os paseos contemplados nesta actuación forman parte da rede viaria do Concello de Monforte e teñen unha loxintude total de 331 metros, cun ancho medio de 3,15 m e unha superficie de 1.043m2 no conxunto. O paseo actual do parque é de terreo natural, compactado, polo que se procederá á súa pavimentación con formigón semipulido en cor terra.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...