HomeCulturaComeza 'ler conta moito' na biblioteca do Saviñao

Comeza ‘ler conta moito’ na biblioteca do Saviñao

Este venres 18 de setembro, a Biblioteca Municipal do Saviñao comeza as actividades paralelas que ofrece a usuarias e usuarios durante o ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa de fomento da lectura para os máis pequenos “Ler Conta Moito” comeza a súa andaina na Biblioteca Municipal do Saviñao. Nesta ocasión farao desprazándose á biblioteca do colexio público de Escairón con Antía Yáñez, autora do conto A reconquista (Premio Fina Casalderrey de literatura Infantil pola Igualdade, da editorial Baía) e 2 novelas de intriga: O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela.

Dado o éxito da súa visita polo Día da Biblioteca de 2019, contactouse de novo con ela para neste caso desprazarse ao colexio de Escairón onde terá un encontro coas nenas e nenos do centro este venres 18 de setembro ás 11:00 h.

HORARIO DE INVERNO

Por mor da situación provocada pola Covid-19, a Biblioteca Municipal comunicoulles ás usuarias e usuarios que, ata novo aviso, o horario de atención rematará 30 minutos antes do horario habitual de peche, quedando de 10 a 13:30 h. e de 16:30 a 19:30 h.

Para evitar concentracións de xente e esperas recomendase solicitar cita no teléfono 982 452324.

Antía Yáñez no Saviñao / Biblioteca Municipal do Saviñao

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...