InicioCulturaComezan as xornadas universitarias para maiores de 50 anos en Monforte

Comezan as xornadas universitarias para maiores de 50 anos en Monforte

Trátase da primeira vez na que o concello acolle unha formación destas características coa intención de "democratizar o coñecemento". Ofreceranse seminarios de diferentes materias entre o 9 e o 21 de outubro no Centro Cívico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A  Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, inaugurou no Centro Cívico de Monforte as xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento”, encadradas dentro un programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O programa de formación universitaria, que é a primeira vez que se celebra en Monforte con estas características, está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos.

Dende o Concello de Monforte destacan o éxito desta iniciativa indicando que se inscribiron 24 persoas nestas xornadas. O alumnado que accede a esta formación son persoas maiores de 50 anos que accederon á matriculación de xeito totalmente gratuíto e sen necesidade de acreditar ningunha formación previa específica.

A Concelleira destacou na súa intervención que “para o Equipo de Goberno do Concello e para Monforte é moi importante que se celebren este tipo de xornadas na nosa cidade, dirixidas á nosa poboación maior de 50 anos, que moitas veces non ten nin os recursos nin a oportunidade de acceder a este tipo de coñecementos”.

Neste senso, concluíu Doutón “con este programa garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos, é dicir, contribuímos á democratización do coñecemento entre os nosos cidadáns”.

Obxectivos do programa de formación

O principal é favorecer a “democratización do coñecemento”, potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos nos concellos que se suman a este proxecto. Así, pois, as materias que se desenvolverán estes días terán os seguintes obxectivos específicos:

  • Revalorizar e profundar no valor do noso patrimonio.
  • Concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas.
  • Recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias.
  • Adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo.
  • Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...