HomeCulturaCambios na programación de ‘experiencias no Camiño Francés’ en Sarria

Cambios na programación de ‘experiencias no Camiño Francés’ en Sarria

A Banda de Música de Sarria non poderá facer os pasarrúas previstos para esta fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os días 17 e 18 deste mes de outubro estaban programados dous pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sarria dentro da programación do ciclo “Experiencias no Camiño Francés”. O sábado 17 ás 18:30 h. e o domingo 18 ás 12:30 h. tiñan previsto facer sendos percorridos por diferentes rúas de Sarria.

Nun comunicado do concello informan que non se poderán facer alegando motivos de loxística no que se refire aos ensaios, pois tratándose dun grupo tan numeroso de músicos e músicas non é factible nestes momentos.

A alternativa musical, que se limitará ao domingo 18, correrá a cargo da Asociación Cultural Peleriños que fará un percorrido polo Camiño de Santiago saíndo dende a Antiga Prisión ás 11:30 h. pasando pola Oficina de Turismo, pola Rúa Maior e polo Malecón.

A mesma formación fará ‘doblete e estará en Oural ás 13:00 h. para levar a música tradicional polas rúas desa localidade.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...