HomeCulturaXX Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

XX Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

O Concello de Sarria e a A. C. Ergueitas sacan agora a convocatoria que quedara adiada meses atrás por mor da pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta será a edición número 20, que este ano está condicionada pola situación sanitaria, xa que a pandemia afectou á vida cultural tanto como á vida cotiá e profesional.

Segundo indican dende a organización, “a situación obrigou a aprazar a convocatoria do premio e agora sae unha convocatoria que terá que realizarse nuns prazos moi diferentes dos que adoitamos”. Aínda así a decisión foi seguir adiante e facer un esforzo para non deixar este fatídico 2020 sen o premio Fiz Vergara.

O prazo de presentación de orixinais remata o vindeiro 18 de novembro e o ditame coñecerase antes de que remate o 2020.

No comunicado breve no que anuncian a convocatoria esperan que todo o esforzo por darlle continuidade ao certame nun ano coma este “nos agasalle cun poemario que poña, de seguro, un pouco de luz nestes tempos tan escuros”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...