HomeCulturaHomenaxe a Carvalho Calero nos trens de alta velocidade e na estación...

Homenaxe a Carvalho Calero nos trens de alta velocidade e na estación de tren de Monforte

O autor ferrolán terá presenza nas estacións de tren de sete localidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Ferrol e Monforte de Lemos) a través da exhibición das mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020 da Consellería de Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En marcha a campaña posta en marcha pola Xunta de Galicia e Renfe Viajeros para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no marco da Semana das Letras Galegas que este ano, de xeito excepcional, se está a celebrar en outubro.

A través desta iniciativa os repousacabezas de 13 trens de alta velocidade do corredor atlántico A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo e do corredor Avant A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense lucirán a imaxe da campaña institucional durante un mes. 

A colaboración con Renfe Viajeros no marco da programación institucional das Letras Galegas renóvase por terceira vez “para facer extensivo o tributo a Carvalho Calero e visibilizar e dinamizar a lingua galega tanto desde o sector da importante rede de transportes como das persoas usuarias”, como sinalou na presentación da campaña o titular de Política Lingüística .

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Entroido de Budián’

A Asociación Cultural Entroido de Budián (Acedre-Pantón) impulsa un ano máis a celebración deste...

Premios Muller Rural con candidatas da Ribeira Sacra

Carmen Quintanilla é unha figura imprescindible para entender a evolución dos dereitos das mulleres...

A DO Ribeira Sacra demanda ao Ministerio de Agricultura simplificar os trámites para recibir axudas á promoción internacional

Durante o encontro, o Ministerio trasladou información sobre a evolución dos mercados internacionais do...

Exposición colectiva no Centro Comercial Ponte Vella

O segundo andar no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense acolleu o pasado xoves...