HomeCulturaA Ribeira Sacra acolle en novembro o "Foro Territorios Patrimonio"

A Ribeira Sacra acolle en novembro o “Foro Territorios Patrimonio”

O Foro Territorios Patrimonio é un foro internacional que un ano máis reúne na Ribeira Sacra a algunhas das voces máis lúcidas do momento en cuestións como patrimonio, turismo sostible e futuro vitivinícola.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Foro Territorios Patrimonio recolle un programa de conferencias e actividades dirixidas a profesionais da cultura e o turismo, así como tamén a un público xeral con interese en profundar nos retos e oportunidades da Ribeira Sacra nunha contorna internacionalPalabras descoñecidas

Neste 2020 o Foro Territorios Patrimonio ten como obxectivo visibilizar a candidatura e o escenario da Ribeira Sacra ante a selección de Patrimonio da Humanidade, poñendo o foco en diferentes puntos de interese de actuación: a necesidade de reactivar a economía, os valores do territorio, o rural…, sen esquecernos do reto do cambio climático e a sustentabilidade.

O turismo cultural ten agora a oportunidade de renovarse desde unha nova perspectiva que teña en conta a todos os actores, desde o máis pequeno ao máis grande. As contornas dixitais, a distancia social, o respecto pola natureza e a creatividade virtual son conceptos que agora se entrelazan e buscan fórmulas de convivencia para conseguir mellores solucións para unha mesma necesidade: a de gozar do patrimonio dunha rexión xerando riqueza sostible para a mesma. O Foro Territorios Patrimonio quere servir como centro de debate e catalizador das tendencias de presente e futuro. Un ambicioso programa de charlas, mesas redondas e actividades que se desenvolverá en formato híbrido: presencial + virtual.

CECRV na Ribeira Sacra / D.O. Ribeira Sacra

Debido á situación actual e ás novas restricións, haberá unha cota moi pequena para asistir de maneira presencial durante as xornadas, pero o Foro ten unha visión, un carácter e unha perspectiva de que a asistencia sexa on- line na súa gran maioría. As prazas son limitadísimas e poden solicitarse no mail habilitado: foro@festivalribeirasacra.com.

Protocolo sanitario

O Foro Territorios Patrimonio será pioneiro este ano na implantación dun protocolo de seguridade coordinado co recoñecido laboratorio Eldine. Persoal sanitario deste laboratorio desprazarase á Ribeira Sacra para desenvolver un sistema de detección rápida, polo cal se realizarán test de antíxenos a todos os relatores que participen das actividades previstas, así como ao persoal traballador do Foro.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...