InicioCulturaConvocatorias educativas do concello de Monforte para afondar na historia sefardí e...

Convocatorias educativas do concello de Monforte para afondar na historia sefardí e a paixón polas viaxes

O Programa está dirixido a alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO e quere aproveitar a paixón dos mozos e mozas polas viaxes para axudarlles a descubrir máis sobre a influencia da cultura xudea nos nosos días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un ano máis, o Concello de Monforte de Lemos, municipio que pertence á Rede de Xudarías de España, pon en marcha o programa educativo Benjamín de Sefarad, “co obxectivo de estimular a curiosidade dos máis novos sobre a herdanza xudea dos nosos pobos e cidades e para dar a coñecer entre os escolares o legado sefardí das 22 cidades que forman a Rede de Xudarías”, sinala o Alcalde, José Tomé Roca.

O programa que consta dun vídeo educativo, unha exposición virtual e un caderno de traballo con preguntas e respostas, está dirixido a alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO.

Na edición do ano pasado, máis de 500 escolares de toda España participaron no xogo de preguntas e respostas online “Pequenos Descubridores” da Rede de Xuderías, e recibíronse máis de 200 relatos ó II Concurso de Microrrelatos, entre os que houbo premios e unha selección de 25 relatos para a edición dun libro que se pode ler na nosa web.

Este ano, a Rede de Xudarías apoiase na paixón dos mozos e mozas polas viaxes para axudarlles a descubrir máis sobre a influencia da cultura xudea nos nosos días. A través de fabulosos materiais búscase facer reflexionar ós alumnos e alumnas sobre as viaxes do mundo xudeu e sobre as diferentes motivacións que pode levar ó ser humano a emprender unha longa viaxe.

Todos aqueles colexios interesados en recibir os contidos desta campaña ou máis información sobre este programa e como poden levalo a cabo no seu centro educativo, poden poñerse en contacto a través da conta de correo electrónico descubridores@redjuderias.org.

III edición do Concurso de Microrrelatos

Ademais, e por terceiro ano consecutivo, dende o Concello tamén se convoca o III Concurso de Microrrelatos da Rede de Xudarías de España, no que poderá participar calquera alumno de sexto de primaria ou primeiro da ESO. 

obxecto do concurso é dar a coñecer a actividade divulgativa da Rede de Xuderías de España en torno á cultura xudía no ámbito educativo, así como espertar a afección pola escritura, a imaxinación dos alumnos e a súa capacidade para describir as súas experiencias e contorna.

temática da presente edición é “as viaxes do pobo xudeu” e as diferentes motivacións que provocan comezar unha viaxe. Valorarase que estea inspirado ou relacionado coa identidade, historia e cultura sefardí.

Os textos deberán ser inéditos e estar escritos en castelán, catalán, éuscaro ou galego. A extensión máxima será de 350 palabras (sen contar o título), e os relatos deberán mandarse de maneira individual, en formato .doc, ó correo electrónico concurso@redjuderias.org. Para envialos o prazo límite será ata o 15 de maio de 2021

xurado para fallar este concurso estará composto pola escritora Espido Freire, por Manena Munar, xornalista e fotógrafa de viaxes, por Johanna Saldón, xornalista e reporteira de televisión, polo xornalista e escritor Clemente Corona, e por Dolores Pérez Frías, Directora da Oficina de Turismo para España e Portugal de Israel.

O xurado seleccionará polo menos as 30 mellores obras que serán publicadas nun libro que editará Rede de Xuderías. A entrega do premio terá lugar nun acto público que organizarán os Concellos de onde procedan os premiados.

Existirán ademais tres premios valorados economicamente con 1.000 euros, 750 euros e 500 euros para o primeiro, segundo e terceiro relatos respectivamente que poderán usar para a realización dunha viaxe polas cidades integradas na Rede.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...