HomeCulturaMouriño Cuba presenta o seu libro, Ribeira Sacra, na adega Rectoral de...

Mouriño Cuba presenta o seu libro, Ribeira Sacra, na adega Rectoral de Amandi

Este xoves, 19 de novembro ás 16:30 h, nas instalacións da adega Rectoral de Amandi en Sober, terá lugar o acto de presentación do libro Ribeira Sacra: Orixe e evolución da denominación de calidade, contando co seu autor. José Mouriño Cuba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A edición deste libro foi posible grazas ao traballo en rede dos 4 Grupos de Desenvolvemento Rural que contan no seu ámbito de actuación con concellos incluídos na D.O. Ribeira Sacra que a través do Programa Leader 2014-2020 e coa colaboración da Caixa Rural Galega, contribuíron ao financiamento da edición do traballo.

De Ourense participaron os GDR: Asociación para o Desenvolvemento da Comarca de Ourense (Adercou), e GDR Sil- Bibei- Navea. De Lugo: GDR Miño-Ulla e GDR Ribeira Sacra-Courel.

O acto inclúese dentro das actividades do mes de Amandi que se está desenvolvendo en Sober, e ao mesmo asistirán os presidentes dos 4 GDR, xunto co Alcalde de Sober, o Presidente da D.O. Ribeira Sacra e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

O libro está estruturado nos seguintes capítulos:

  • O descubrimento dun espazo singular
  • Situación de partida. Antecedentes demográficos e do sector vitivinícola
  • Inicio do proxecto Ribeira Sacra
  • Claves na execución do proxecto de Ribeira Sacra
  • Denominación viños da Terra Ribeira Sacra
  • A consecución da Denominación de Orixe Ribeira Sacra
  • Conclusións e propostas.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...