HomeCulturaVaste perder a oportunidade de facer unha ruta guiada polo miradoiros de...

Vaste perder a oportunidade de facer unha ruta guiada polo miradoiros de Sober?

Publicado o

- Advertisement -

O venres 27 ás 10 da mañá remata o prazo para inscribirse nas rutas guiadas polos miradoiros de Sober, que se vai a celebrar o sábado 28 con motivo do Festival 17º da Ribeira Sacra, no enderezo info@festivalribeirasacra.com. Para os que estean aboados ó 17º Paisaxe, a iniciativa será gratuita.

Un treito será de 7,5 quilómetros, terá unha duración estimada de 3 horas e será de dificultade media. A xornada comezará ás 8:30 da mañá na Praza da Compañía de Monforte. Punto de encontro para, posteriormente, ir ata o miradoiro de Cividade onde comezá a ruta. A segunda parada en Sober será no miradoiro de O Boqueiriño e nos puntos de observación naturais da proximidade. Posteriormente, os excursionistas introduciranse  na fraga de Vilanova, atravesada por camiños delimitados a ambos lados por pedras cubertas de musgo e finalmente, o percorrido conduciráos ata  a aldea de A Somoza, antes de chegar o miradoiro de Santiorxo, punto onde remata a ruta.

 

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...