HomeCultura"Xornalismo na Escola" en Quiroga

“Xornalismo na Escola” en Quiroga

O mércores 2 e venres 4 de decembro celebraranse no IES de Quiroga obradoiros da iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’ para difundir o xornalismo entre os escolares de 3º e 4º da ESO nos institutos de educación secundaria de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A quinta edición de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’, a iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’ para achegar a comunicación ao alumnado dos institutos galegos, retoma a súa actividade, os días 2 e 4 de novembro, ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ trasládase ata Quiroga, onde Xavier López Quiroga realizará senllos obradoiros en horario de 12:50 a 14:30 horas no IES da localidade.  

Tras a parada obrigada pola crise sanitaria e a suspensión das aulas en marzo, volven os obradoiros de xornalismo para escolares de 3º e 4º da ESO dos institutos de educación secundaria de Galicia, e fano nun momento no que son máis necesarios que nunca, cun panorama mediático invadido pola sobreinformación e as ‘fake news’. De feito, os talleres incluirán a partir de agora un apartado sobre a Covid-19, para fornecer os estudantes con ferramentas para enfrontarse á desinformación neste tema e comprender mellor a información científica. 

Ademais, os escolares familiarizaranse co funcionamento dos medios de comunicación e coñecerán aspectos como o papel que desempeñan os profesionais do xornalismo e a importancia de contrastar as informacións. Serán talleres dinámicos nos que tamén se pretende fomentar na xente nova o espírito crítico e contribuír a que sexan conscientes dos riscos e as oportunidades que lles ofrecen as novas tecnoloxías de información e a comunicación.

Este proxecto, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’. As catro primeiras edicións de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ desenvolveron con grande éxito entre o 2016 e o 2019 máis de 360 talleres talleres de comunicación en numerosos puntos da xeografía galega, levando estes obradoiros a miles de alumnos e alumnas da comunidade.

ÚLTIMAS

Deputación e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra renovan a súa colaboración

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o máximo responsable do...

Teatro familiar este 3 de xaneiro na casa da cultura de Monforte de Lemos

O Cachopo Máxico é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva dos costumes...

Sesión de contos da man da Mesa Pola Normalización Lingüística en Sober

Contactamos con vós dende A MESA Lemos para informarvos dunha actividade que organizamos e que terá...

Cousas Xacobeas, o Camiño en Ortoá: Santa Marta (II)

No século XVI foi cabeza de xurisdición, señoreada polos Riba de Neira, que alí tiveron mordomos...