HomeCulturaA longa documental ‘Reboiras’ proxéctase este domingo na Pobra do Brollón

A longa documental ‘Reboiras’ proxéctase este domingo na Pobra do Brollón

A proxección inclúese no Ciclo de Cinema Galego Actual do Concello da Pobra do Brollón e contará coa presenza do director do filme, Alberte Mera.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continúa o Ciclo de Cinema Galego Actual co que o Concello da Pobra do Brollón propón unha alternativa de ocio cultural para decembro con películas que están de estrea neste 2020.

Este domingo 20 a partir das 19:00 horas será a proxección de Reboiras. Acción e corazón.unha longa documental que se estreou este verán cando se fan 45 anos do asasinato de Xosé Ramón Reboiras Noia, a última vítima mortal da ditadura franquista en Galicia.

O filme recrea a vida e o pensamento de Reboiras a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el compartiron diversas etapas vitais, secuencias de ficción e filmacións históricas. Contarase coa presenza do director, Alberte Mera.

O ciclo pecharase o domingo 27 coa proxección de Ons, a nova película de Alfonso Zarauza. As proxeccións son de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...