HomeCulturaPropostas culturais para todas as idades no Nadal da Pobra do Brollón

Propostas culturais para todas as idades no Nadal da Pobra do Brollón

O programa arranca ao grande coa proxección de Ons, poucos días despois da súa estrea en cines. Contarase coa presenza do seu director Alfonso Zarauza. Para que a experiencia sexa óptima para o espectador, instalarase unha pantalla grande e son de alta calidade. Este primeiro evento será o domingo 27 ás 19:00 no Local Multiusos de Salcedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón presentou unha programación de Nadal chea de espectáculos para tódalas idades. “Ofrecemos unha completa axenda cultural con actividades pensadas para toda a veciñanza, maiores e pequenos” comenta Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura.“Por suposto cumpriremos con tódalas medidas necesarias pola situación epidemiolóxica. Insistimos en que é posible seguir apoiando o sector cultural e programar de xeito seguro,” engade o concelleiro.

Despois da cita con Ons o día 27, continúa o programa de Nadal o martes 29 de decembro cun espectáculo infantil e familiar cheo de fantasía: O vixilante de soños de Ubú Teatro. Será ás 17:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

Ao día seguinte, o día 30, haberá outro evento que poderán gozar tódalas idades: Forzu2 de Circo Chosco. Un espectáculo cun dúo de atletas que realizan trucos imposibles en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares e lume. Será ás 17:30 no Pavillón Municipal.

Xa no ano 2021, o día 3 de xaneiro, estará Xurxo Souto presentando o seu novo libro Pangalaica. Recortes poderosos: unha compilación de pequenos relatos ilustrados sobre as historias e as persoas que Xurxo Souto foi atopando nas súas viaxes por Galicia. O evento será ás 19:00 da Casa da Cultura. O día 5 de xaneiro, haberá un novo espectáculo infantil de Paco Nogueiras baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora. A partir das 17:30 o Pavillón Concello A Pobra do Brollón.

Paco Nogueiras en Monforte (arquivo) / XdL

A programación acaba o 9 de xaneiro na Casa da Cultura cun espectáculo pensado para público xuvenil e adulto: Divas de diván a cargo de Tarabela Creativa. Unha obra sobre a sexualidade e os desexos a través de contos interpretados por Vero Rilo, Carmen Conde e Ángeles Goás.

Todas as actividades requiren reserva previa, preferiblemente por WhatsApp no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...