HomeCulturaMuy Montes abre o ano no Círculo Saviñao

Muy Montes abre o ano no Círculo Saviñao

A programación de Nadal do Círculo Saviñao péchase o día 10 coa contacontos Fátima Fernández.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Saviñao substituíu a causa da COVID-19 este Nadal o tradicional
concerto de Fin de ano, sempre con Gin Toni´s, por unha  actuación de Ano Novo a cargo do dúo Muy Montes, formado tamén por Andrés Montes e a súa irmá máis nova, Paula, que fixeron unha exhibición de arte e bo facer que entusisasmou ó entregado público.

Os Montes son colaboradores de vello desta sociedade, e nesta ocasión por primeira vez emitiron o concerto en directo para que o seguirán os
seus fans. Estará dispoñible en facebook durante un mes.

O 2 de xaneiro, sábado, ás 6 da tarde, Tarabela Creativa presentou Divas de Diván e o Círculo Saviñao completa a programación deste Nadal cunha última actividade que terá lugar o día 10 cunha cita para o público infantil.
A contacontos Fátima Fernández presentará a súa actuación “UNHA VIAXE AO MUNDO DOS CONTOS POP UP”. Trátase dunha contada interactiva, contos saídos dos libros a través dos cales os nenos  poderán viaxar a mundos máis alá da imaxinación.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...