HomeCulturaPoñéndolle música ao patrimonio

Poñéndolle música ao patrimonio

Santo Estevo e Castro Caldelas escenarios do 17º patrimonio que se celebra na primeira fin de semana de agosto e pon o punto e final ao 17º Ribeira Sacra

Publicado o

- Advertisement -

A segunda edición do 17º Ribeira Sacra que se celebrou na última fin de semana de xullo incluía este ano a novidade dunha segunda fin de semana máis, baixo o nome 17º patrimonio. O sábado 4 inclúe concerto de Mounqup ás 12.00 no catamarán de Santo Estevo. Ás 13.30 no Parador de Santo Estevo concerto de Ele e ás 20.00 no castelo de Castro Caldelas actuarán Los hermanos Cubero, Natasia Zücker e Ses. A clausura do festival terá lugar o domingo, día 5 ás 13.00 na Rectoral de Gundivós, en Sober.

Festival 17º / Rectoral de Gundivós

II edición do 17º en cifras

4.000 persoas na Ribeira Sacra, o 16% de fóra de Galicia. Do total de visitantes o 80% era a primeira vez que se achegaban á Ribeira Sacra. Ocupacións hoteleiras do 100% en Monforte e Sober. Un volume de negocio de 250.000 euros cun gasto por visitante duns 70€, ao redor de 180€ quenes estiveron os 3 días. 70 empregos directos, 30 deles na mesma Ribeira Sacra.

Desde a Deputación Provincial que patrocina o Festival con 26.000 € e desde a propia organización, aseguran que estas cifras confirman o éxito desta II edición, superando todas as espectativas e confirmando a importancia que ten a cita a nivel turístico. Destacaron tamén o impacto mediático conseguido, xa que moitos medios a nivel estatal o recomendaron como a mellor actividade cultural da fin de semana e incluso de todo o verán en Galicia.

 

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...