InicioCulturaA exposición "Xela, aquela meniña de Sarria", abrirá os actos do 8M...

A exposición “Xela, aquela meniña de Sarria”, abrirá os actos do 8M en Sarria

O concello presenta esta e outras actividades como a tradicional Carreira da Muller ‘Vivas e Visibles’, que nesta IV edición será virtual, un proxecto audiovisual que promove o CIM, a exposición “Mulheres” e recomendacións literarias dende a Biblioteca Municipal Camilo Gonsar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria, firmemente comprometido cos principios da igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade, considera que “aínda non chegou o día en que non teñamos que conmemorar esta data, xa que a igualdade aínda non é un feito”.

Esta reflexión, que parte dunha realidade evidente, failles asumir o compromiso de organizar diferentes actividades desde as distintas concellerías.

Organizarán, como é tradicional nestes últimos anos, a Carreira da Muller ‘Vivas e visibles’, esta vez de forma virtual na súa IV edición. Poderase participar do 1 ao 14 de marzo, ambos inclusive. As inscricións poden facerse na páxina web www.sarriacorre.com ou na páxina do propia páxina do concello contemplando entre os inscritos un sorteo de 25 premios de 100 euros para gasto no comercio local.

Outra iniciativa para esta celebración parte da Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar, con Esther á cabeza. Farán unha recomendación diaria de libros escritos por mulleres galegas durante todo o mes de marzo.

O día 8 de marzo, día central do ‘Día da Muller’ inaugurarán na Prisión Preventiva unha exposición da artista sarriá Mercedes Vázquez Saavedra. Será na Prisión Preventiva e leva por título “Mulheres”. Estes días informarase de horarios e aforos.

OUTRAS ACTIVIDADES CON CARÁCTER ANUAL

Sendo o ano de Xela Arias, muller sarriá á que se lle dedican as Letras Galegas deste ano, o Concello de Sarria celebrará diferentes actos no transcurso deste 2021 na súa memoria e honra. Estes actos comezan este 4 de marzo, data do seu nacemento, coa inauguración da exposición “Xela, aquela meniña de Sarria”, que se poderá ver en público despois de que os estudantes sarriáns a desfruten nos seus centros de ensino.

Outra iniciativa con carácter anual, que se desenvolve dende o CIM de Sarria, é a realización dun proxecto audiovisual. As protagonistas serán Mulleres de Sarria de todos os sectores, dando visibilidade ás súas vidas e ás súas reflexións sobre a igualdade.

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...