HomeCulturaActividades promovidas pola área de cultura da Deputación no sur da provincia

Actividades promovidas pola área de cultura da Deputación no sur da provincia

Nos próximos días as actividades da área de cultura da Deputación en colaboración cos concellos e asociacións chegan a Monforte, Ribas de Sil, Chantada e O Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 7 de abril no IES A Pinguela de Monforte, a ilustradora e debuxante de cómic Bea Lema impartirá un coloquio titulado “O proceso creativo na ilustración” ao alumnado do centro educativo. A actividade forma parte do programa ilustrarNÓS, que se puxo en marcha o pasado mes de xaneiro, coincidindo co Día da Ilustración, e que pretende ampliar o coñecemento desta expresión artística, das súas técnicas e creadores e fomentar a creatividade.

A programación inclúe unha vintena de obradoiros, charlas e intervencións artísticas en centros educativos e un certame escolar, aberto á participación de alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. A cita de Monforte será ás 12.00 da mañá.

En Ribas de Sil o día 8 de abril ás 12.00 a narradora, Antía Vázquez, protagonizará unha sesión de contacontos dirixida ao alumnado do Ceip San Clodio, na que recreará a historia da Apalpadora, unha personaxe do Nadal que atrasou a súa chegada ata a primavera.

Concepto Circo pintará un mural en homenaxe a Rosalía de Castro no IES Lama das Quendas de Chantada. A actividade desenvolverase ao longo de todo o día 9 de abril.

A  narradora, Fátima Fernández, leva ao local social de Vila de Mouros, no Incio, “Kikiriki Cocorico”, unha sesión de contos na que os protagonista son animais que non actúan como se lles presupón: un porquiño que quere papar ao lobo, galos que poñen ovos, ratiños que buscan a primavera… E todo aderezado con cantigas, sustos e risas. A cita o día 10 de abril ás 18.00.

ÚLTIMAS

Colócanse en Monforte 128 trampas para velutinas

A voceira popular, Katy Varela, destaca que grazas ao trampeo manual realizado pola Xunta...

Ampla axenda cultural para celebrar o ‘Día Internacional dos Museos’ na Rede Museística Provincial

Os catro museos da Rede Museística Provincial --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar...

Adxudicada unha obra de mellora para a LU-P-4702 na Pobra do Brollón

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este pasado venres na contratación...

Quiroga solicita ante a Subdelegación do Goberno o arranxo inmediato da N-120

Segundo sinalan desde o Concello de Quiroga a N-120 está nun estado moi precario...