HomeCulturaEstrea o día 20 da serie "Outras voces de Xela"

Estrea o día 20 da serie “Outras voces de Xela”

Olga Novo, Marica Campo ou Claudio Rodríguez Fer son algunhas das voces que participan nesta homenaxe audiovisual á poeta sarriá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo difundirá a través da canle de Youtube e das redes sociais a serie “Outras voces para as letras de Xela”,  que divulgan o legado de Xela Arias para a cultura galega do noso tempo a través de lecturas e interpretacións da súa obra e de reflexións biografías de familiares, escritores e escritoras, artistas e persoas anónimas.

A vicepresidenta, Maite Ferreiro, explicou que  “con esta iniciativa, aproveitamos as posibilidades que nos ofrecen a linguaxe audiovisual e as canles dixitais para difundir e poñer en valor a figura de Xela Arias.”

“Outras voces para as letras de Xela” consta de quince pezas audiovisuais que confluén na intención de render homenaxe á poeta da Vilerma no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Con escenarios vinculados a súa infancia, entre o rural de Sarria e a cidade de Lugo, como pano de fondo, os vídeos retratan a Xela Arias a través da súa poesía, de textos literarios clásicos que traduciu ao galego e de reflexións biográficas.

Escritoras e escritores lugueses coma Olga Novo, Marica Campo, Helena Villar, Raga Lobelle, Carmen Blanco, Xesús Rábade, Lois Pérez, Claudio Rodríguez Fer homenaxean a esta activista das letras, da lingua e da acción social e cultural, comprometida e multidisciplinar.

A obra de Xela Arias tamén se revisa desde a danza e a expresión corporal a través de artistas como Carlota Pérez e desde a perspectiva que ofrecen persoas anónimas, nenas e e nenos e público adolescente dos centros educativos que len os primeiros escritos infantís en prosa da autora.

A serie audiovisual incorpora ademais as voces dalgúns dos seus familiares máis achegados coma o seu fillo Darío Gil ou o seu irmán Lois Arias. Estrearase unha nova entrega os martes e xoves ás 20.30 horas.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...