HomeComarca de QuirogaCortada a liña entre Montefurado e Monforte por un incendio

Cortada a liña entre Montefurado e Monforte por un incendio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un incendio declarado na infraestrutura ferroviaria mantén cortada desde primeira hora da mañá deste martes a liña entre Montefurado, no concello de Quiroga, e Monforte de Lemos. Segundo informou Adif, o lume orixinouse na catenaria no interior dun túnel, o que obrigou a interromper a circulación de trens nese tramo da provincia de Lugo.

A incidencia afectou inicialmente a un tren rexional que realizaba o traxecto entre Ponferrada e Ourense. Para garantir a mobilidade dos usuarios, Renfe estableceu un plan alternativo de transporte por estrada desde a estación de Montefurado ata a cidade das Burgas. Así mesmo, tamén resultou afectado o convoi que conecta A Coruña con Barcelona, cuxo pasaxe tivo que ser transbordado a outro tren na estación de Monforte para poder continuar a viaxe.

Tras finalizar as tarefas de extinción das chamas, operarios de Adif desprazáronse ata o túnel afectado para avaliar o estado real da catenaria e do resto da infraestrutura. En función do resultado desta inspección técnica, a compañía decidirá se se pode retomar a circulación de inmediato ou se, pola contra, é necesario acometer algunha reparación de urxencia antes de restablecer o servizo ferroviario.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...