HomeCulturaA candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade a debate no...

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade a debate no Ateneo Casino

Este venres 23 ás 20:00 o Ateneo Casino organiza unha charla sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO a cargo do coordinador da candidatura, Mario Crecente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A charla inicia unha serie de eventos entorno á Ribeira Sacra que se programarán ao longo do ano no Ateneo Casino xa que, segundo comenta a súa presidenta María Loreto G. Cabanas, “estamos nun momento determinante para o futuro do territorio onde vivimos e desenvolvemos a nosa actividade”.

Crecente falará dende unha perspectiva persoal dos antecedentes e evolución conceptual da candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade, da importancia do proceso e dos logros acadados ata o momento. Durante a charla servirase unha selección de viños comentados da Ribeira Sacra, a cargo da Adega Algueira.

A asistencia á charla é gratuíta, previa reserva xa que as prazas son limitadas para cumprir coas medidas sanitarias. As reservas fanse no teléfono 648 435 033, preferiblemente por WhatsApp.

Mario Crecente é doutor arquitecto pola Universidade da Coruña e docente en diversos másters. Desenvolveu o seu labor tanto na administración pública como no ámbito privado. No ano 2000 creou Crecente Asociados, a partir da experiencia en administración nos campos de Patrimonio, Urbanismo e Turismo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...