HomeCulturaBóveda conmemora o Día do Libro

Bóveda conmemora o Día do Libro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Bóveda celebra o Día do Libro. Por unha banda cóntase con dúas exposicións; unha no centro sociocultural que leva por título “Breve historia do libro” e unha mostra de libro antigo na biblioteca “O pracer de tocar e botarlle un ollo a un libro do século XIX…”

No primeiro caso, 11 paneis contan a evolución de conservación dos textos desde Mesopotamia ata a era dixital. No segundo caso cóntase cun cento de libros de todas as temáticas con raras edicións de época de autores do século XIX e XX

As exposicións poden visitarse en horario de 10.00 a 14.00 de luns a venres e os martes de 18.00 a 19.30 e os mércores de 16.30 a 18.30.

Organizáronse tamén obradoiros de minilibros en horario de 16.30 a 18.30, celebrando este venres a última actividade.

ÚLTIMAS

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...