HomeCultura"O fin do Camiño" e "Sentido Común" na Pobra do Brollón

“O fin do Camiño” e “Sentido Común” na Pobra do Brollón

A exposición itinerante ‘O Fin do Camiño’ chega á Casa do Concello da Pobra do Brollón e á Casa da Cultura, que este venres acolle o espectáculo Sentido Común, da compañía Tarabela Creativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición itinerante ‘O Fin do Camiño’ consiste en dez paneis dobres arredor do Camiño de Santiago con fotografías de Eduardo Ochoa e Carlos Puga e textos de Xulio Xiz. A exposición localízase entre a planta baixa do Concello e da Casa da Cultura. Pódese visitar ata o 4 de maio.

E este venres, 30 de abril, a Casa da Cultura da Pobra do Brollón será o escenario do espectáculo Sentido Común, da compañía Tarabela Creativa.

Os actores Ángeles Goás, Carmen Conde e Dani Blanco arman unha obra de narración oral que quere recuperar ‘a toda esa pequena xente que fai grande o mundo, para que non se esqueza a súa memoria, para que todas lembremos que temos algo que contar.’

A obra está dirixida a un público xuvenil-adulto a partir de 13 anos. A hora de comezo é ás 20:15. A entrada é de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.

Sentido Común, Tarabela Creativa

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...