HomeCulturaAs asociacións de Monforte xa poden pedir as axudas que dá o...

As asociacións de Monforte xa poden pedir as axudas que dá o Concello

Publicado o

- Advertisement -

As asociaciós culturais de Monforte teñen de prazo ata o vindeiro día 27 de agosto para solicitar as axudas económicas que lles dá o Concello. Do mesmo xeito, as asociacións sociais, teñen de marxe ata o día 29 para demandar dita prestación municipal. O obxectivo destas prestacións é aumentar a participación cidadá e fomentar que haxa novos actos culturais e por outra banda, apoiar a aquelas entidades que desenvolvan actividades e proxectos de carácter social que garanten a igualdade de oportunidades.

Dende o Concello informan que se destinará unha partida de 24.000 euros en total, 12.000 para as asociacións culturais e outros tantos para axudas sociais.

O mandatario local destaca que, “con esta partida imos axudar a facilitar recursos e itinerarios de inclusión social, garantir a autonomía persoal e brindar oportunidades sociais e educativas ós menores”.

 

ÚLTIMAS

Feira do Viño de Pantón, unha cita para promocionar o municipio e os seus caldos

Na primeira xornada tamén visitaron o recinto feiral a directora xeral da Axencia Galega...

30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

Na Zona Sur foron beneficiarios de axudas para contratación de actividades a través do...

Comeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Deputación de Lugo está xa a reforzar o muro de sostemento que permitirá...

Quiroga celebra en maio o “Mes das Nosas Letras”

Tras o certame de narración e debuxo que está en marcha ata o día...