HomeCulturaTeatro para celebrar o 17 de maio en Pantón

Teatro para celebrar o 17 de maio en Pantón

Ás 18:00 h. na Praza do Concello haberá unha representación teatral que nos presenta o inconformismo a través de Martiña, unha cativa moi curiosa.

Publicado o

- Advertisement -

Pedro Insua e Raquel López Cendán representan esta obra que conta o periplo vital de Martiña a través dun monólogo musicado e entretecido con cancións e diálogos.

SINOPSE

Martiña é unha nena moi curiosa. Non entende por que as súas opinións son menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer sen razón aparente, non entende por que os nenos visten ou xogan de xeito diferente ás nenas, non sabe cales son os pensamentos impuros, nin tan sequera que é o pecado exactamente. Co tempo, descubrirá que se trataba de ir mudando en muller. 

A perspectiva dunha nena pode ser a máis atinada e, sen dúbida, sincera. A través dun monólogo musicado e entreverado de cancións, veremos como se enfronta Martiña á incontrolable paixón adolescente, ao duro mundo laboral e como o seu espírito crítico e as súas dúbidas respecto do establecido, nunca a abandonarán. 

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...