HomeCultura“A pluma viva de Rosalía” o 21 de maio en Monforte

“A pluma viva de Rosalía” o 21 de maio en Monforte

Este venres, 21 de maio, ás 18:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro terá lugar a posta en escena da obra “A pluma viva de Rosalía” da compañía Os Quinquilláns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta obra está dirixida a público familiar así como a nenos e nenas de máis de 9 anos, e da educación secundaria. A representación é de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación, que establece un aforo máximo de 60 persoas. As entradas-invitacións repartiranse dende as 17:30 horas, e a entrada ó salón de actos da Casa da Cultura farase ás 17:50 horas.

“A pluma viva de Rosalía”, que está baseada nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro, é unha montaxe teatral sobre a igualdade e a liberdade seguindo textos da escritora. 

No ano 1864 Rosalía de Castro visita unha imprenta en Lugo, catro textos brillantes, “retranqueiros” e satíricos da escritora están a punto de publicarse, pero nas oficinas da imprenta ten lugar un conflito violento e Rosalía vai descubrir que todo ten que ver con ela e a súa obra.

Esta actuación está programada pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...