HomeCultura“Ons” estrea este venres en Chantada as proxeccións das películas finalistas dos...

“Ons” estrea este venres en Chantada as proxeccións das películas finalistas dos Mestre Mateo

O Auditorio Municipal de Chantada acollerá durante o mes de xuño as proxeccións dos filmes galegos “Ons” de Alfonso Zarauza, “A illa das mentiras” de Paula Cons, “Arima” de Jaione Camborda e “Lúa Vermella” de Lois Patiño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Academia Galega do Audiovisual promoven este ciclo de cinema galego, que reúne as catro películas finalistas aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor Longametraxe nesta útlima edición.

As proxeccións comezarán este venres, ás 20.00 horas, co pase de “Ons”, recoñecida con nove galardóns, entre eles o de Mellor Película, e continuarán os días 11, 18 e 25 de xuño, á mesma hora.  A entrada será libre ata completar a capacidade autorizada no auditorio, de 100 persoas.

Maite Ferreiro explicou que “tras as proxeccións que se organizaron nas últimas semanas en Foz e Vilalba, levamos este ciclo de cine galego a Chantada, onde se poderá disfrutar en pantalla grande dos mellores filmes da temporada en galego”

A tamén responsábel de Cultura subliñou que “é a primeira vez que desde a institución provincial se aposta por unha iniciativa coma esta” e agradeceu a colaboración na organización das proxeccións de Airoá Comunicación, que ten unha ampla traxectoria de compromiso coa cultura galega e coa diversidade e a conciencia crítica, fundamentalmente a través da creación audiovisual.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...