HomeCulturaIV Anuario Vía Jacobitana, presentación o día 10 no Ateneo Casino

IV Anuario Vía Jacobitana, presentación o día 10 no Ateneo Casino

Este xoves, día 10 de xuño, farase a presentación do IV Anuario: "Vía Jacobitana. Camiño de Inverno" no Ateneo-Casino de Monforte de Lemos ás 19:30.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A publicación xa saíu a finais do pasado ano, pero non foi posible realizar antes a súa presentación polos problemas derivados da COVID. O libro ditado pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e baixo a dirección da presidenta, Aida Menéndez Lorenzo, conta cunha subvención do grupo do GDR Ribeira Sacra- Courel. Editándose 350 exemplares que se poderán adquir na librerías de Monforte e na web www.caminodeinvierno.com

A publicaciónde de 148 páxinas, comprende diversos artigos sobre o patrimonio material e inmaterial ao redor do Camiño de Inverno, ademais dunha ampla memoria fotográfica sobre as principais actividades realizadas pola Asociación no último ano para divulgar este roteiro xacobeo.

Desde a Asociación agradecen a colaboración de quen fixo posible esta publicación abrindo cos seus coñecementos e perspectivas, novos horizontes que axudan a comprender a gran riqueza patrimonial que envolve a este itinerario:

  • Begoña González Aguiar: (Arqueóloga, Doutora en Historia) “Principais características dos petróglifos situados nos concellos de Pantón, O Saviñao e Chantada”
  • Antonio Castro Voces ( Lcdo. en Xeografía e Historia, Membro do Instituto de Estudos Valdeorreses- IEV): “O Camiño de Inverno por Valdeorras”.
  • Mª Elena Guntiñas Rodríguez (Catedrática de Ciencias de E.S e doutora pola USC): “Se o chan que pisades peregrino falásevos“.
  • José Espinosa Sánchez (Profesor de Ciencias de Educ. Secundaria, I.E, S de Quiroga): “Camiñando por Quiroga entre oliveiras galegas”.
  • Francisco Singul (Historiador, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo): “A importancia do viño na peregrinación medieval a Santiago de Compostela“.
  • Luís Blanco (Director do Museo do Ferrocarril de Monforte- MUFERGA): “Monforte de Lemos, berce da tracción vapor en Galicia”.
  • Isabel Aguirre Urcola (Arquitecta, Directora da Escola Galega de Paisaxe da fundación Juana de Vega): “O Camiño de Inverno na paisaxe da Ribeira Sacra”.
  • Luis Fernando Pérez Méndez (Profesor de Educ. Secundaria- Lcdo. en Filosofía e Ciencias da Educación): “Unha igrexa románica no Camiño de Inverno. A igrexa de San Juan de Camba-Rodeiro”.
  • Víctor Vázquez Portomeñe (Exconselleiro de Cultura da Xunta de Galicia): “O valor inmaterial dos Camiños de Santiago”.
  • Olga Novo: (Escritora-Premio Nacional de poesía 2020): “Pregón nas 20 Feiras do Libro de Galicia celebrada en Monforte de Lemos (28-08-2019)“.
  • Francisco Javier Rodríguez Medela (Historiador e Xerente do GDR Río Miño-Ulla): “Folión de carros, orixe e tradicción”.
  • Jimena Martínez Quintana e Francisco M. Balado Insunza (Asociación de Municipios do Camiño de Inverno): “Ponferrada, municipio xacobeo”.
  • Aida Menéndez Lorenzo (Lcda. Psicopedagoxía-Presidenta Asoc. Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra): “Actuacións e actividades da Asociación dende setembro de 2019 a setembro de 2020”.

A imaxe de portada do libro é unha fotografía titulada “Entre cruces”, gañadora dun accesit do III Concurso de fotografía do Camiño de Inverno que organiza a Asoc. Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. A autora, Mª Teresa Hernández Merino, é unha salmantina que soubo captar o Camiño milerario de peregrinación que leva ata ata a ermida de Nosa Señora de Faro, enmarcardo por un espeso bosque e as 14 cruces do Vía Crucis, nun día de espesa néboa que incrementou a súa maxia e misterio.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...