HomesociedadeO 5 de decembro ás 18:30h Monforte acende o alumeado de Nadal

O 5 de decembro ás 18:30h Monforte acende o alumeado de Nadal

A inversión no alumeado ornamental ascende este ano a  57.000€. O dispositivo componse de 1,2 millóns de puntos de luz LED e incorpora, como novidade, a figura dun oso panda instalado na Praza de España. Ademais, gaña 1 metro máis de altura a tradicional estrutura cónica a modo de árbore que preside a entrada á zona peonil da rúa Cardeal, superando os 20 metros incluída a estrela que coroa a figura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor, José Tomé, presentou o dispositivo do alumeado deste Nadal que terá o acendido oficial, como vén sendo habitual, na antesala da ponte festiva da Constitución, o venres, 5 de decembro, ás 18.30 horas. O lugar escollido para pulsar o interruptor que iluminará o Nadal monfortino é a céntrica rúa Cardeal, xunto á figura da árbore, elemento central desta ornamentación festiva.

“O noso desexo é que este amplo dispositivo de Nadal sirva para dinamizar e animar aos monfortinos e monfortinas e ás persoas que nos visitan a desfrutar da cidade e facer as súas compras navideñas no comercio local. O importante é animar e alegrar a vida dos nosos veciños e veciñas nestas datas tan sinaladas”, indica José Tomé.

O alumeado estará acendido todos os días en horario de 18.30 a 02.00 horas, e apagarase definitivamente o martes, 6 de xaneiro, Día de Reis. Este dispositivo estará acompañado polo funcionamento das fontes no mesmo horario que as luces.

265 arcos, sete mensaxes de ‘Bo Nadal’ e proxeccións na Torre da Homenaxe

A árbore de máis de 20 metros de alto na rúa Cardeal e a figura da Praza de España, ambas con paso inferior, son os elementos centrais dun dispositivo que suma 265 arcos repartidos por 67 rúas da cidade e outros 7 coa mensaxe ‘Bo Nadal’ colocadas nas entradas á cidade. Este ano incorpórase un novo elemento ornamental na rúa Tecelanes, nun dos laterais da Casa do Concello.

Ademais, mantense a que foi unha das principais novidades dos últimos anos, que é a iluminación da Torre da Homenaxe mediante imaxes proxectadas nas catro caras da edificación simulando a caída de copos de neve.

Tamén estarán adornadas a Casa do Concello, as árbores da Praza de España e do Campo de San Antonio, a Praza dos Chaos, Praza da Estación e Praza de Abastos e, como non, o cedro da Compañía, coa súa estrela de Nadal.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...