HomeCulturaNoite musical en Pantón cunha das mellores bandas tributo a Sabina

Noite musical en Pantón cunha das mellores bandas tributo a Sabina

Será este sábado 26 de xuño ás 23:00 h. na Praza do Concello e seguindo o protocolo sanitario vixente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón está deseñando un ciclo de actuacións musicais ao aire libre para amenizar o verán e contribuír á dinamización económica dos establecementos hostaleiros.

Este sábado, 26 de xuño, comezan cun concerto de alto nivel que terá como escenario a Praza do Concello a partir das 23:00 h. Trátase do grupo “La penúltima Sabinera”, un tributo á banda de Joaquín Sabina e segundo algunhas críticas “quizais a mellor banda Tributo a Sabina de todo o panorama nacional”.

Por mor das normas sobre concertos que vai actualizando o Comité Clínico da Xunta da Galicia, o espectáculo realizarase de acordo as seguintes obrigas:

-Reserva anticipada de praza no teléfono 982 45 63 77.

-Os asistentes deberan de permanecer sentados con máscara.

-Non se permite fumar, comer nin beber durante o espectáculo.

-Deberán de facilitar nome, DNI e teléfono, datos que o concello custodiará durante 30 días como esixe a normativa anticovid da Xunta de Galicia.

A BANDA

Comezaron no 2012 como grupo de versións. Anos despois, coa voz do seu vocalista avalada por Pancho Varona e Antonio García de Diego, convértense quizais na mellor banda Tributo a Sabina de todo o panorama nacional.

Pasan de catro a sete membros, para ter así os mesmos compoñentes que a banda orixinal e obteñen desde os seus inicios unha fantástica acollida, así como unha moi boa crítica, enchendo en todas as prazas e auditorios nos que actúan.

Os seus concertos gardan unha gran semellanza aos que ofrece a  propia banda do mestre de Úbeda. A súa música, vestiario e atrezzo arremedan tan ben á banda orixinal que transportan ao espectador ao espectáculo do gran Joaquín Sabina.

Carlos García-Boente, vocalista, tivo o pracer de compartir escenario coa banda de Joaquín Sabina en Lugo e Madrid (Sala Galileo Galilei). 

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...