HomeCulturaXa se coñece o cartel do 'Folión de Carros de Chantada 2021'

Xa se coñece o cartel do ‘Folión de Carros de Chantada 2021’

O pasado venres 25 de xuño, ás 21:00 h., foi presentado diante da Casa da Xuventude.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A autora gañadora do concurso de carteis do Folión de Carros de Chantada 2021 foi a veciña carroceira Belén Vázquez Caseiro, cun cartel pintado con pincel e pintura acrílica que representa moi ben esta tradición tan arraigada en Chantada.

A obra gráfica, ademais de ilustrar os bois, os oficios e os carros, tamén dispón dunha folla de vide porque no Concello de Chantada a colleita da uva e o viño tamén son moi importantes.

Cartel. Autora: Belén Vázquez Caseiro

O concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, valorou o traballo da Asociación Cultural “Amigos do Folión” durante todo o ano e lembrou que aínda que este ano non haberá desfile por mor da pandemia, si que se realizarán moitas actividades arredor do Folión de Carros de Chantada. O programa irase coñecendo dende o colectivo cultural en vindeiros días.

Algunhas delas que xa están en marcha son a elaboración de ‘Decorados de cartón’ para os escaparates e ventás, ao modelo carroceiro, e a confección de bandeirolas e estandartes, as primeiras para as rúas e as segundas para os balcóns. O centro Afachantada, por exemplo, está a colaborar nas actividades decorativas para este folión 2021

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...