HomeCultura‘Ler conta Moito’ na Biblioteca do Saviñao

‘Ler conta Moito’ na Biblioteca do Saviñao

O ciclo de actividades para o fomento da lectura comezará o vindeiro día 2 coa presenza da ilustradora e narradora Estefanía Padullés.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 2 de xullo, a Biblioteca Municipal do Saviñao comeza o ciclo de actividades do Programa ‘Ler conta moito’ deste ano, ciclo cofinanciado entre o Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura.

A actividade que chega ao Saviñao será “As superheroínas do noso pobo” e desenvolverase na biblioteca municipal ás 11:00 h. da mañá coa narradora e ilustradora Estefanía Padullés. A autora, con numerosas obras infantís  publicadas, vive no concello veciño de Paradela e xa ten visitado noutras ocasións a biblioteca.

A actividade que presenta Padullés é un obradoiro de ilustración que versará sobre mulleres esquecidas en diferentes campos, aprendendo a debuxalas nunha ilustración que as represente. Para rematar a actividade, cada participante fará un cartel dunha muller do seu entorno, para darlle visibilidade e convertela na “superheroína” dunha ilustración que amose os seus “superpoderes”.

Estefanía Padullés. Foto cedida pola ilustradora.

Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que as prazas serán limitadas e deberán reservarse previamente na biblioteca ou no teléfono 982 45 23 24.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...