HomeCulturaO Círculo Saviñao e as tardes musicais na terraza

O Círculo Saviñao e as tardes musicais na terraza

O dúo formado por Lorena do Val e Gonzalo Herrero, profesores da Escola de Música Moderna de Monforte de Lemos, vén de ofrecer un concerto para socios e veciños na segunda das actuacións de verán "Tardes Musicais na Terraza" coas que o Círculo Saviñao aposta pola música en directo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lorena e Gonzalo, voz e contabaixo, fixeron un recorrido polas músicas máis auténticas do mundo, de moi diferentes estilos, que fixeron aplaudir con ganas ó público presente.

A seguinte cita musical no Círculo Saviñao nas fin de semana será o 24 deste mes coa Pequena Compañía, dúo formado por Sergio Ariel Rodríguez Riarte (guitarra e voz) e Amor Herrera (trombón e percusión). 

venres, 30 de xullo, o grupo A Quenlla, ofrecerá o concerto “Trobador non Camiño, as cantigas de Martín de Pradozelos”, traballo que aborda a creatividade musical, a interpretación e a gravación de textos de Martín de Padrozelos, quen se cre que foi o primeiro trobador galego-portugués de finais do século XI con referencia escrita. A actuación está facilitada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Lorena e Gonzalo / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...