HomeCulturaTeatro infantil no Incio este sábado

Teatro infantil no Incio este sábado

A compañía Ubú Teatro representará este sábado no Incio a obra “O vixiante dos soños”, un espectáculo con monicreques pensado para nenas e nenos con guión de Ana Carreira e dirección de José Campanari.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A propia Ana Carreira e Marga Portomeñe manexan as personaxes que dan vida á historia. Sonólicus quere chegar á lúa desde pequeno. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.


A actuación será ás 19:00 horas na Sala de Usos Múltiples da Cruz do Incio. Está organizada coa colaboración do Concello do Incio,  forma parte do circuíto de teatro profesional Aparte, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo co que, desde este mes de xullo, dez compañías xiran polos concellos con montaxes para distintos públicos.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...