HomeCulturaActividades culturais no rural da man de Segredos de Pantón

Actividades culturais no rural da man de Segredos de Pantón

Esta activa asociación pantonesa repite o ciclo cultural que comezara o pasado ano no verán baixo o título de “Cultiva Cultura”. Do 25 de xullo ao 18 de setembro teñen programadas diferentes actividades.

Publicado o

- Advertisement -

Por segundo ano consecutivo o colectivo Segredos de Pantón organiza un ciclo de actividades, concretamente seis, que se desenvolverán en diferentes localizacións do Concello de Pantón este verán.  

O programa completo do seu ciclo, bautizado no 2021 como “Cultiva Cultura 2021”, contempla as seguintes alternativas culturais:

25 de xullo: Roteiro pola parroquia de San Romao de Moreda

Nesta primeira actividade farán “un paseo pola historia e por esta fermosa freguesía moitas veces esquecida”.

Lugar e hora do encontro: Ás 10:00 h. diante do Priorado de Moreda.

30 de xullo: Charla sobre historia.

Miguel García Fernández falará sobre As señoras, abadesas e monxas de Ferreira de Pantón: mulleres con poder ao redor do monacato medieval galego”.

Lugar e hora: 17:30 h.  no Salón de Actos do Edificio Sociocultural.

14 de Agosto: Noite de Morcegos

Da man da bióloga Ledicia Santos, de Morcegos de Galicia, coñecerase máis sobre o mundo dos morcegos e tentarase observalos no seu hábitat.

Lugar e hora: Ás 21:00 h. no Poboado da Chaira (Exteriores).

22 de agosto: Visita aos castillós.

Farase un roteiro polas terras dos Castillós da man de Rosana Prieto Florines, guía de Galsentur.

Lugar e hora por determinar.

4 de setembro: “Do forno á parede, a viaxe da cal.”

Da man do restaurador Diego Iglesias darase a coñecer a cal dunha forma diferente. Visitarase o forno de cal do Cotillón e varios exemplos de decoracións en cal.

Foto dunha actividade do 2020. Foto: SdP

Lugar e hora: Ás 10:00 h. no Forno do Cotillón.

18 de setembro: Roteiro polo val do río Ferreira.

Unha ruta na que se poderá visitar un gran número de casa grandes, muíños e outros elementos patrimoniais. Segundo palabras dos propios organizadores, “un percorrido moi fermoso para coñecer recunchos de Pantón dunha forma diferente”.

Lugar e hora: ás 9:00 h. no Cemiterio da parroquia de Santa María de Ferreira.

INFORMACIÓN PARA ANOTARSE NAS ACTIVIDADES

A organización informa que todas as actividades terán aforo limitado a un máximo de 20 persoas agás a charla no salón de actos onde serán 38 persoas.

En canto ao prezo, as actividades terán un custo de 2 euros, agás a charla no salón de actos que será de balde. Deses cartos a metade será para Segredos de Pantón e a outra metade para o outro colectivo.

Para reservar praza poderá facerse:

Vía correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com

Vía redes sociais: Twitter, Instagram ou Facebook de Segredos de Pantón.

Vía WhatsApp: 662 669 223 (Lucas Vázquez)

Vía telefónica ou mensaxería: 662 669 223 (Lucas Vázquez)

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...